lunes, 2 de junio de 2008

Onte foi o Corpus en Bastavales e posoulle coma nós.
Esta semana tamén choveu, que raro, e non sabían se farín alfombra, pero por fin decidíronse e tiraron para adiante, fixerona, e estaba bonita, eu fun a vela e gustoume pero oque non puxeron foi ningún motivo que fixera honor o día " Corpus" pero vale a pena seguir con estes traballos, a ver si a xente se anima e para o nao podemos repetir tanto eles coma nós estes traballos que aínda que se pasa unha semana de traballo e a víspera non podes ir a cama e moi bonito parrafear cos veciños. Anímovos para o ano a quen queira, non fai falla apuntarse, solo ir con gañas de traballar.Mary

No meu tempo libre

Aínda que son perrruqueira, no meu tempo libre fago bolillos . Nesta foto estamos unhas amigas e mais eu palillando o día das letras galegas no pavillón de Brión , tamén ao fondo pódese ver unha pequena exposición dos nosos traballos, bueno para vela mellor tiñas que ir alí. A que é fermosa...?

miércoles, 28 de mayo de 2008

MARAVILLASSS

POMPITAS DE JABON

Si queres pasar o tempo, mira as fotos

Unha presentación espectacular

SlideShare | View | Upload your own
Unhas fotos coma estas son para pararse a velas, son todos uns verdadeiros monumentooosss.......

A CLASE DE INFORMATICA

Preséntovos unha das mellores clases de informática que tivo o concello: seria, eficiente, autodidácta e moi seria nos comentarios.

lunes, 26 de mayo de 2008

Xa pasou o Corpus


Xa pasou o día e tamén a romaría.Por fin fixemos a
alfombra, non choveu nin de noite nin pola mañán
ata saleu o sol, foi algo tímido pero o importante é
que estivo.

Novas fotos


Poñovos outra foto da nosa alfombra.Este é o cáliz feito con biruta, serrín mezclado con borra de café.

lunes, 19 de mayo de 2008

Que pasa este Lunes

Hola compis!!!
Xa estamos no mes de maio e que sepades que xa comenzamos a preparar o verde para a alfombra do Corpus, esperamos a túa colaboración con nós porque como xa sabedes esta nosa alfombra é moi grande, ten moitos metros; xa case estamos parecéndonos as de Ponteareas.
Temos toda a semana para cortar e cortar verde e tamén de paso podes palicar algo cos veciños.
Digovos que é unha experiencia moi bonita; iremos día a día ca elaboración desta fermosura.